Día Mundial da Infancia
As cifras de mortalidade infantil publicadas por UNICEF son esperanzadoras : 9,7 millóns anuais , frente aos 13 de 1990.
Aínda que estas cifras son inaceptábeis, non cabe duda da eficacia dos programas de nutrición, ampliación dos servicios básicos de saúde e de saneamento e suministro de agua. Neste senso, esta sensible melloría, non pode verse alterada polas consecuencias para o futuro das nosas intervencións sobre o Medio Ambiente.
Aproveitando a celebración, dende o Blogue Guía vos invitamos a que levedes ás bibliotecas virtuais dos vosos blogues a publicación ” El cambio Climático y la Infancia” onde se recopilan os comentarios e cartas procedentes dos delegados infantís da Conferencia Rexional Africana Infantil para o Medioambiente de PNUMA do 2007 e do World Scout Jamboree de 2007,recollidos no programa ” A Xuventude Opina” da UNICEF.
Levádeo ás aulas e animade ós rapaces a que comenten nos blogues as súas impresións, ou, se non dispoñedes de tempo, trasladade alunha das opinións a un post ou a un foro e animade ós rapaces a debatir sobre o tema.

Un día como hoxe, fai seis anos,
A sesión do curso de Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo do próximo sábado 15 de novembro comenzará 09:30 horas.

